ENTREVISTA A SONIA MAURIZ

¿Qué é o nacionalismo?

O nacionalismo é unha ferramenta ideolóxica é política para que un pobo que adquire concencia de ser nación camiñe cara a súa autodeterminación. Sen acudir a autores e definicións doctas esto sería para min. Un pobo que adquire esta conciencia e quere autogobernarse non necesariamente se decide pola independenza , pode en liberdade ceder soberanía e inxerirse nun estado.

Eu son soberanista para min que Galiza permaneza inxerida no estado español non sería o meu anceio. Entendo que unha nación ha de querer autogobernarse, valeríame que, en igualdade de condicións, entre estados negociaramos co estado español unha confederación , incluso sería fermoso e utópico incluir a Portugal. Dende logo non é o mesmo tratar entre iguais que si sería unha negociación que tratar ao abeiro dun poder foráneo imposto.

¿E qué quero dicir con que un pobo adquira conciencia de ser nación ¿ Pois eu recollo a definición que da Stalin de nación e que recolle Castelao no libro piar do nacionalismo “ Sempre en Galiza” .

“ Nación é unha comunidade estable, históricamente formada de idioma , de territorio, de vida económica e de hábitos psicoloxicos reflexados nunha comunidade de cultura. Somentes a eisistencia de tódolos signos distintivos, en conxunto, pode formar a nación”

Para min é obvio que a Galiza cumpre todos os rasgos da definición como así se recoñeceu en Barna en 1932 pola Sociedade de Nacións.

 

¿Qué vantaxes ofrece a independenza dentro do territorio dun país? ¿e qué desvantaxes?

A nación precede ao estado polo cal independenza non se da dentro dun país, dentro dun estado un territorio pode decidir qué é nación e seguir as canles necesarias para chegar a ter o seu propio estado, moitas veces para recuperar o seu estado.

Pero atendendo ao cerne da pregunta, eu a plantexaría a inversa…qué vantaxes ten?

Para Galiza estar inxerida no estado español significa non só perder identidade e a capacidade de autogoberno.

Económicamente non vemos máis que indeferenza ao noso tipo de vida, non só producindo a  enerxía do estado os galegos pagamos máis sendo desoídas as peticións dunha tarifa galega, o noso agro vive momentos dramáticos nos que os nosos gandeiros non perciben un prezo xusto polos seus productos e teñen que tirar o leite para que outras comunidades poidan competir , o noso cerco pesqueiro é outra demanda non escoitada da que o resto do estado non creo nin que escoitara falar, os nosos montes invadidos dunha especie pirofilica  respondendo a intereses económicos non propios, o noso naval, o mellor do mundo mendigando carga de traballo a un estado que non escoita e incluso paraliza, véxase caso Morenés, pagamos a prezo de oro autoestradas xa amortizadas…e asi poderíamos seguir.

Galiza non pode seguir depedindo as súas xeracións mozas en procura de traballo, non vai no noso ADN abandoar a terra, non somos aventureiros…o facemos dende hai séculos porque non queda doutra.

Volto a preguntar…que vantaxes ten para Galiza estar inxerida no estado español?

¿É casualidade que os nacionalismos máis fortes se dean nas rexións máis ricas dos países?

Non teño eu moita concencia de esto pero tampouco o vexo estrano, atendendo a pirámide de Maslow de necesidades humáns entendo que un pobo como entidade viva cando xa ten as necesidades primarias cubertas de sustento, teito…poden atender a loitar pola súa identidade.
O que non implica que durante a loita pola supervivenza a identidade sexa esquecida, é tan só una asunto de prioridades. Por outra banda entendo que un pobo consciente da súa identidade ten unha autoestima que o leva a ter un vierio común na comunidade, unha unión moito máis forte.

¿En caso de independenza, qué opción terían os cidadáns que non queiran pertencer á nova nación?

Como xa indiquei antes a nación precede ao estado, o que sería novo polo tanto é o estado. Precisións aparte  é de sentido común, os independentistas non queremos proclamar a independenza sen non contamos cun respaldo social maioritario, por iso pedimos referéndums e non se proclama cando simplemente un partido nacionalista goberna unha comunidade.

Nós seguimos as canles democráticas aínda que o corsé da constitución sexa algo artificial e a demanda, porque si se modificou varias veces dende o 78…máis para atender as peticións  de pobos que só queren cumplir co dereito de autodeterminación semella  vedado.

Polo tanto aos cidadanán que non estiveran de acordo coa creación dun estado novo poderían facer o mesmo…seguer as canles democráticas para facer valer o seu sentir.

¿Crees que no caso de Cataluña, utilizase a crispación social para adquirir réditos políticos de ambos lados?

Se comparo ambos lados, un deles ten presos políticos e exiliados, non sei que rédito político é este. Seí que nesta sociedade neoliberal, na que todo é compra venda é difícil de entender que hai xente que non se move por beneficios propios, que se move por ideais…que redito político está a sacar Junqueras no cárcere por pedir un referéndum? Por pedir democracia? Qué redito político saca a xente que sae as rúas no día da Diada, que pediu votar nun referéndum e foi apaleada, que foi invadida por forzas do estado e veu o seu autogoberno limitado?

Entendo que algún partidos dun xeito totalmente irresponsable si pensaron sacar beneficio electoral, apoiando ou decrarando o 155 e ao final o único que fixerón foi alimentar o lume da ultradereita que agora si é un problema social e político.

Non creo doutra banda que en Cataluña haxa crispación social, son un nacionalismo e unha sociedade exemplar en pacifismo e modernidade, a vangarda sempre, se non fora deste xeito o dia da Diada, coa de kilómetros de xente que se unen, se foran violentos non sei se habería forza armada sufciente para reprimir.

¿Por que crear máis fronteiras?

Non queremos crealas, ni  Esukadi, nin Catalunya nin Galiza falaron nunca de crear lindes, eso o fai o nacionalismo español, que as decora con concertinas e todo.

De feito no século XXI as fronteiras as crea a desigualdade e os intereses empresariais…non as nacións. E no caso dos nacionalismos vasco, catalán e galego son os seus partidos os que presentan mocións para que se acolla aos refuxiados, para que os barcos do Mediterráneo de Open Arms poidan ter acubillo nos nosos peiraos…a un nacionalismo galego non se lle ocorreria limitar a libre circulación, sabemos o que é andar nunha diáspora de séculos buscando o pan, despendíndonos da matria.

Pero por falar do tema nun sentido práctico, insisto dende a igualdade de negociar entre estados podese negociar a libre circulación, como fixo o estado español con outras estados na Unión Europea.

Esta entrada fue publicada en Entrevistas y etiquetada , , , , , , , , , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.